Violencia de Xénero

Boas Tardes amigos

jueves, 19 de febrero de 2015

Concienciación a cerca do maltrato:



Aínda que pareza incribel o maltrato está presente nesta sociedade tan avanzada para unhas cousas e tan retrasada para as outras.
As mulleres son as principais perxudicadas aínda así tamen existe un número de homes que sofren maltrato pero é moito menor que o das mulleres.
Temos a obriga de concienciar as nosas vindeiras sociedades de que este é un problema que ten que erradicarse sexa como sexa,e que só así,  teremos unha sociedade igualitaria para homes e mulleres.

O outro día na biblioteca do noso instituto tivemos a oportunidade de coñecer a Amanda, unha psicóloga que nos ensinou  un vídeo sobre o maltrato de xénero titulado El orden de las cosas, unha curtometraxe na que se nos conta a historia de Xulia, unha muller que sofre maltrato físico por parte do seu marido chamado Marcos, co que ten un fillo pequeno ao que chaman Marquitos.

Neste curtometraxe a protagonista Xulia atópase sempre dentro dunha bañeira con auga e que mentres que as persoas do seu arredor crecen, ela permanece sempre igual, sen cambiar nada o seu rostro,suceden unha serie de acontecementos e finalmente este curtometraxe acaba co desbordamento da bañeira de Xulia e o posterior inundamento do baño, a historia remata con Xulia no medio do mar e posteriormente coa chegada da protagonista a unha playa, no que na súa orilla que encontran varadas varias bañeiras como as de Xulia.

Sobre a nosa opinión sobre este vídeo, pensamos que é un video moi educativo e que nos pode servir de axuda se nun momento nos toca vivir a algún de nós esa situación.


Amanda tamén nos comentou un pouco sobre a súa vida privada, e nos dixo que pertenecía a unha asociación feminista, que tiñan como obxetivo buscar que a sociedade entre homes e mulleres poida ser o máis igualitaria posible.


Aquí vos deixamos unha fotografía do final desta desta curtometraxe



DIEGO FDZ FREIJE/DIEGO FDZ QUIROGA